Vostede está aquí

Talleres, microcharlas-debates

 

Agradecemos a boa participación e debate de onte na actividade que levamos a cabo dentro do CICLO AMBIENTAL: NOSO BARRIO CONTA no Forum Metropolitano. 

A visita guiada á exposición A Pegada Ecolóxica e a charla-coloquio co Profesor Manuel Soto, aclarou dudas sobre a xestión dos residuos na nosa cidade e mostrou con datos que nosos hábitos de consumo e de separación do lixo no fogar, levando ao contenedor adecuado, ambiental e económicamente conta moito!

Continuamos co programa de actividades dentro do ciclo. Animámosvos a participar este sábado en talleres, microcharlas-debates e degustacións no CC San Diego de 11 a 13 h e de 17 a 19 h.