Vostede está aquí

Súmate ao voluntariado

O Concello da Coruña activa un dispositivo de voluntariado para atender ás persoas en situación de dependencia, soidade, mobilidade reducida, etc

O Concello da Coruña activa un dispositivo de voluntariado para atender ás persoas en situación de dependencia, soidade, mobilidade reducida, etc, ante a incidencia da situación provocada pola enfermidade coñecida como COVID-19. Se tes máis de 18 anos e queres axudar a persoas que están en situación de vulnerabilidade súmate ao voluntariado municipal realizando a inscrición no formulario. Ten en conta que:

  • Esta acción voluntaria está destinada a persoas maiores de 18 anos. As persoas enmarcadas nos colectivos de risco non poderán, como medida excepcional, participar desta acción voluntaria.
  • As persoas voluntarias recibirán indicacións da equipa de Protección Civil para desempeñar as labores voluntarias nas condicións adecuadas.
  • Todas as persoas que participen farano de forma individual e seguindo as indicacións e medidas de precaución marcadas polas autoridades sanitarias.

Chamamento para persoas voluntarias: 13/03/2020 ata o 27/03/2020

Formulario de inscrición Hashtag: #voluntariadocoruña

Organizador: Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación Contacto: PARTICIPACIÓN