Vostede está aquí

REMATAR COAS BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS

Dende hai varios anos, moitos veciños que viven nas inmediacións da Avenida dos Caídos sinálannos a dificultade que lles supón subila a costa no tramo que vai dende a Avenida do Exército ata a Rúa de Antonio Ríos debido á forte pendente (15% de pendente no primeiro tramo e un 10% no terceiro tramo) e á gran lonxitude desta. A abrupta topografía do noso barrio supón que haxa costas con fortes pendentes e numerosos tramos de escaleiras, e a Avenida dos Caídos non é a única rúa nesta situación. O acceso á rúa da Merced dende a rúa General Sanjurjo realízase na súa maior parte a través de rúas que finalizan nun sen fin de escaleiras supoñendo unha barrea arquitectónica para persoas de movilidade reducida e para os maiores (como por exemplo a Rúa Pintor Villar Chao.Galerias comerciais)
Tomando como exemplo numerosos proxectos realizados en cidades de Pais Vasco que teñen problemas simerales aos nosos, gustaríanos que o concello nos axudase a rematar coas barreiras arquitectónicas do barrio afin de facilitar o desprazamento de todos os veciños que viven nel. A nosa proposición leva consigo a creación dunha rampla mecánica no primeiro e terceiro tramo da avenida dos Caídos xa que é unha rúa de vital importancia dentro do barrio e tamen nas antigas Galerias comerciais . Serve de distribución e conexión cos diferentes equipamentos do barrio: o centro de saúde, o instituto, e correos, e debería poder ser accesible por e para todos. Na rúa Pintor Villar Chao a solución sería a implantación de escaleiras mecánicas. O seu uso incrementaría enormemente xa que non existen conexións accesibles a todos entre a rúa da Mercede e a rúa de General Sanjurjo. Co fin de aforrar enerxía e custo, consideramos que a mellor opción é que tanto as escaleiras coma as ramplas mecánicas sexan accionadas de xeito automático por detector de presenza cando un veciño desexe usalas sen necesidade de que estean a funcionar continuamente, e que deberían obter a enerxía de fontes reciclabes como pode ser a enerxía solar.
Tamén debería considerarse unha lixeira cubrición a xeito de pérgola para protexer das fortes chuvias e dos ventos dominantes. Os seguintes exemplos, todos no Pais Vasco, expresan claramente nosos obxectivos