Vostede está aquí

"Redes contra a política do espolio. Aire, auga e terra limpas.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário:  "Redes contra a política do espolio. Aire, auga e terra limpas.
Documental de Xose Anton Bocixa Rei e Nós Televisión

No Forum Metropolitano o dia 3 de xuño  as 19:30. Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.

Documental realizada por Xose Bocixa Rei sobre as organizacións cidadás que se están a formar na área da comarca compostelá como resistencia á destrucción que empresas enerxéticas, mineiras e a xestión do lixo están operando en todo o territorio galego e á non actuación da Xunta de Galicia para evitalo, investigalo e enmendalo.