Vostede está aquí

Rúa do Montiño

ante as queixas dos veciños e veciñas da rúa do Montiño, sobre o lamentable estado no que se atopa, instamos ao concello para que actúe dándolle solución a diversos problemas

A Asociación de veciños e veciñas Oza Gaiteira Os Castros, ante as queixas dos veciños e veciñas da rúa do Montiño, sobre o lamentable estado no que se atopa, instamos ao concello para que actúe dándolle solución a diversos problemas:

  1. Inexistencia de beirarrúa en boa parte do trazado.
  2. A beirarrúa existente non permite a circulación de persoas con mobilidade reducida, con carriños de bebés ou con outros elementos similares.
  3. Firme en moi mal estado.
  4. Ancho insuficiente para a circulación de vehículos nas dúas direccións o que provoca manobras de perigo tódolos días.
  5. Falta de señalización co peligro que conleva para a circulación e posibilidade de un accidente grave
  6. Dende este colectivo reclamamos, unha vez máis, que se acometan as obras necesarias para darlle solución a problemas que son sobradamente coñecidos e que padecen día a día moitos veciños e veciñas.