Vostede está aquí

Queixas da veciñanza pola instalacións de antenas de Telefonia Móbil

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros estamos a recibir queixas da veciñanza pola instalación dunha antena de telefonía móbil no barrio, neste caso situada na rua  Avenida da Concordia.

 Neste tipo de instalacións é frecuente que non se avise aos veciños e veciñas, que non se lles consulte sobre a súa instalación, limitándose só a contratar o arrendamento coa comunicade do edificio no que se sitúa a instalación e ás veces nin iso. Sabemos de casos nos que se informaba dunha pequena instalación e posteriormente se instala unha caseta cunha gran antena.

Observamos unha gran falla de información, tanto por parte das empresas de telefonía como das administracións, descoñecemos que tipo de controis se realizan para comprobar que cumpren a normativa en canto a emisións electromagnéticas, ruído, etc. Non sabemos os efectos sobre a saúde que estas instalacións provocan nas persoas pero é evidente que cada día hai unha maior sensibilización por parte da poboación polo que deberan estar totalmente controladas.

Preocupados polas molestias e a incidencia na saúde que ditas instalacións causan, tanto polas emisións electromagnéticas como por ruídos, emisións de calor... Dende esta asociación solicitamos ser informados sobre as medidas de control que o Concello está a aplicar.

Solicitamos tamén que se nos informe das antenas instaladas no barrio, tanto nos tellados dos edificios como as microcélulas que se instalan case a pé de rúa nas fachadas.