Vostede está aquí

Presentamos ALEGACIONS a Planta de Almacenaxe e pre-tratamento de Aceites industriais e Hidrocarburos no Peirao de Oza

Dende a Asociación veciñal  veciñal Oza Gaiteira Os Castros presentamos ante a Xunta de Galiza     ALEGACIONS ao Estudo de Impacto Ambiental Simplificado Planta de Almacenaxe e pre-tratamento de Aceites industriais e Hidrocarburos no Peirao de Oza. A Coruña.
Estas alegacións se presentan por disconformidade coa aplicación dunha Avaliación Ambiental simplificada para un proxecto emplazado nun espazo inapropiado xa que supon un grave risco ambiental por estar a unha distancia inferior aos 500 m dun entorno tan sensible como é Praia de Oza, dun banco marisqueiro colindante, da Praia de Santa Cristina, e da bocana da Ría do Burgo, donde existen e se explotan tamén bancos marisqueiros.

É evidente que a concienciación sobre o medio ambiente vai en aumento e que a administracións teñen a obriga de mellorar continuamente a súa política de control e loita contra a contaminación.

A veciñanza do barrio vemos con moita preocupación como se pretende instalar unha planta de tratamento de residuos de buques no peirao de Oza, calquera pode entender que a ubicación dunha industria dese tipo debe ser estudada a conciencia e que un entorno tan fráxil como a contorna de Oza non é o máis apropiado.