Vostede está aquí

Por un uso social da Capela de Oza e pola recuperación de toda a contorna

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros estamos a  esixir un uso social da Capela  de Oza. A veciñanza vén de expresar que quere recuperar un patrimonio público para que poida ser usado por todas e todos nós.

Dende o noso colectivo reiteramos, unha vez máis, que o patrimonio público non sexa posto ao servizo do beneficio particular duns poucos. Temos feito unha proposta para converter  a Capela de Oza  nunha aula da natureza e nun espazo formativo  e cultural queremos que todas e todos poidamos facer uso deste ben público, axudando a preservar a nosa cultura mariñeira.

 

Tamén queremos reiterar a necesidade dunha actuación integrar en toda a contorna para recuperar un patrimonio que hoxe se atopa nun estado lamentable. É preciso que se rehabilite as murallas, a capela de Oza e todo o espazo desa zona dun xeito integral, é unha parte fundamental da nosa historia que debe ser recuperada e preservada.

 

Cómpre dispoñer dunha senda peonil que conecte o barrio con esa zona por medio dun paseo agradable e non como se fai agora por unha pasarela e unha corredoira ao carón das vías do tren, o mesmo pasa cos poucos metros dun carril bici que non vai a ningures.

 

Dende o noso colectivo levamos tempo reclamando as administracións públicas que se poña en valor toda esta zona, con investimentos e cunha actuación integral, é unha vella demanda do barrio pola que seguiremos loitando.