Vostede está aquí

Plataforma Vía Galega

O martes 3 de abril ás 20h preséntase na Coruña (local da ONCE, Cantón Grande nº 3, A Coruña) a Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza Vía Galega (www.viagalega.gal) da que a nosa asociación forma parte.

Queremos convidarvos a asistir a esta presentación e que fagades extensivo este convite as vosas amizades. Cremos que se está a vivir a nivel do Estado Español unha involución nos dereitos individuais e colectivos que fai que a propia supervivencia de Galiza como país estea ameazada. É por iso  que cómpre que fagamos ouvir a nosa voz para reivindicar que somos unha nación e que temos dereitos. 

 Existe un manifesto promovido pola Plataforma Vía Galega que podedes asinar na súa páxina (http://viagalega.gal/somos-unha-nacion-fagamos-ouvir-a-nosa-voz).  

 A Xunta Directiva da Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros