Vostede está aquí

Petición de cita ao Director Xeral de Demarcación de Costas de Galiza

DIRECTOR XERAL DE DEMARCACION DE COSTAS DE GALIZA
SAN PEDRO DE MEZONZO, 2 baixo
Tlf:98114 8604

As entidades asinantes do manifesto para a “DEFENSA DA COSTA DE OZA;, (AA.VV.””OZA”da Gaiteira-Os Castros; Club Deportivo As XUBIAS; Cofradía de Pescadores e Mariscadores da Coruña) ante a preocupación, normal, polos continuos atentados á nosa costa. E na súa representacion , Margarita Santiago Urbano
S O L I C I T A M O S:
Cita con vostede para tratar, como primeiro contacto, de:

A) Pormenorización do noso Manifesto naqueles temas que sexan da súa competencia.
B) Coñecemento dos posíbeis plans de instalación de pontos de amarre.
C) Información sobre o deslinde do Dominio Público desde a Pasaxe até a punta de Oza.
D) Petición de ampliacion da praia de Oza, co respaldo das sinaturas
presentadas.

Coa certeza da súa sensibilidade e responsabilidade ante un tema que nos atinxe a todos/as, ficamos na espera da resposta de concertación de cita, que desexamos o antes posíbel, para unha correcta información.
Saúdos cordiais
A Coruña 19 de outubro 2009
.

Asinado: presidenta da AA, VV. “OZA” –Gaiteira Os Castros
Margarita Santiago Urbano
Merced 56 baixo-15009-A Coruña/tlf-fax: 981298122