Vostede está aquí

Parque urbano Xa

Queremos denunciar a situación do solar sito na rúa Gonzalez Chas antigo corralón en estado de abandono así como obra parada que levan meses ou anos coa licenza de obra caducada. Supoñen en moitos casos un perigo, anos en estado de abandono, solar invadido de maleza e lixo, espazo que poden ser focos de infección e de pragas de ratas. Este solar debe estar limpo para evitar molestias e situacións perigosas para a veciñanza, os propietarios teñen a obriga de mantelo en boas condicións e o Concello debe vixiar que así sexa. Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros xa nos temos dirixido ao Concello para trasladar as demandas da veciñanza a respecto da parcela onde estaba situado o Corralón da Gaiteira. Entregamos un proxecto completo e detallado, realizado por un veciño do barrio, para transformar esa parcela que hoxe é un espazo onde se acumula o lixo, nunha zona de ocio onde compartir espazo crianzas e persoas maiores.