Vostede está aquí

Outra vez as descargas

Veciñanza dos Castros está achegando queixas á nosa asociación que confirman que o xeito de realizar as descargas,, provocan novamente problemas de saúde a moitos veciños e veciñas.

Veciñanza dos Castros está achegando queixas á nosa asociación que confirman que o xeito de realizar as descargas,, provocan novamente problemas de saúde a moitos veciños e veciñas.

Hoxe recibimos queixas da veciñanza polas molestias que a contaminación por partículas está a causar na saúde das persoas, especialmente aquelas que teñen alerxias ou enfermidades respiratorias coma asma que se ven obrigadas a acudir ás urxencias do CHUAC.

Dende o noso colectivo venos que a alta contaminación no aire está provocado polo xeito en que se están a facer as descargas, incumprindo claramente o protocolo de actuación que a propia autoridade portuaria ten establecido para realizar as descargas o que provoca masivas liberacións de partículas ao aire.

Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros denunciaremos esta contaminación todas as veces que faga falla, a saúde dos veciños e veciñas do barrio está en xogo, e poremos en evidencia a complicidade das administracións que prefiren mirar para outro lado mentres a autoridade portuaria antepón os intereses económicos á saúde das persoas.

O protocolo de actuación indica como deben facerse as descargas para evitar a liberación de partículas no ar, , pensamos que se está a incumprir claramente. Polas reunións que temos mantido coa autoridade portuaria, non temos ningunha confianza en que poñan as medidas necesarias para evitar esta situación, e parécenos escandaloso que as autoridades que deben defender os intereses dos veciños e veciñas, e velar pola súa saúde, non fagan nada por evitar toda esta contaminación.