Vostede está aquí

Outra vez descargas

14 outubro volveron a verse lamentable espectáculo ca descarga do barco PUTUO HAI

Veciñas e veciños do barrio volveron poñerse en contacto coa nosa asociación para trasladar as queixas polas partículas que están contaminar o aire.

As chamadas da veciñanza a esta Asociación Veciñal confirman o, que o 14 outubro volveron a verse lamentable espectáculo ca descarga do barco PUTUO HAI.

Máis unha vez comprobamos como as autoridades miran para outra parte, non lles importa a  saúde das veciñas e veciños do barrio e prefiren actuar como cómplices dunha entidade que contamina e envelena o barrio.

Esta é realidade do barrio dos Castros: unha entidade que contamina e envelena e unhas administracións que en lugar de defender a cidadanía defende os intereses económicos da Autoridade Portuaria, poñéndoos por riba da saúde dos veciños e veciñas.

O barrio e esta asociación seguirá denunciando esta inxustiza unha e outra vez ate que as administracións actúen como deben e cumpran coa súa función que é a defensa da cidadanía e do dereito á saúde.