Vostede está aquí

Os veciños dos Castros cos traballadores de Caramelo

A Coruña 02/06/2009

A A.VV. “OZA” da Gaiteira-Os Castros quere manifestar públicamnente o seu apoio e a sua solidaridade cos traballadores de Caramelo.Con esta nota A A.VV. “Oza-Gaiteira-Os Castros” . Os Castros sumase a Manifestación Ciudadana convocada polos traballadores polo mantemento dos seus postos de traballo, o proximo día 5 as 8 da seran na Praza da Palloza.

A A.VV. chama a toda a vicindade da Gaiteira, os Castros, o Montiño, a Cubela, Casablanca, Montes e cada un dos rincós do noso barrio a PARTICIPAR ACTIVAMENTE na Manifestación convocada polos traballadores de Caramelo

A V.VV considera fundamental para a cidade, e polo tanto para o noso barrio, o mantemento dos postos de traballo de Caramelo, e do tecido productivo e industrial da Coruña. Os veciños do barrio non podemos ser alleos a este importante feito.

Dende aquí solicitamos os representantes do Movimento Veciñal da Coruña, o Concello, a Xunta de Galiza e do Goberno do Estado o seu apoio e a sua participación para que:

.- seña retirado o ERE que pesa sobre a Empresa
.- traballen polo mantemento dos postos de traballo eo tecido industrial da Cidade.
.- se manifesten contra a deslocalización das empresas productivas.