Vostede está aquí

Orzamentos municipais 2016

Orzamentos municipais 2016

Dende a asociación vecdiñal Oza Gaiteira Os Castros queremos poñer de manifesto o noso profundo malestar pola falla de investimento en áreas prioritarias para o noso barrio. Segundo diversas informacións que veñen aparecendo na prensa, os orzamentos que se aprobarán o vindeiro luns retiran unha partida que había destinada a melloras de accesibilidade entre a rúa Mercé e a avenida de Oza.

Lamentamos que, goberne quen goberne, sexan os barrios os que teñan que pagar a falla de investimento e infraestruturas. Sabemos que o goberno municipal non ten maioría suficiente para sacar adiante os orzamentos en solitario pero en todo este tempo o que está a demostrar e unha preocupante falta de capacidade para o diálogo e o acordo, e o que é peor, unha prepotencia que non lle leva a ningunha parte pois está en clara minoría.

Aínda peor é o comportamento do PP e do PSOE, aliándose para tombar os orzamentos municipais coa única preocupación de desgastar o goberno municipal, ignorando as necesidades dos veciños e veciñas desta cidade. Para nós é moi preocupante a complicidade que mostraron ambos en todo este proceso, e non entendemos o comportamento do PSOE aliándose deste xeito cun PP que está ateigado de corrupción, tamén nesta cidade.

O noso colectivo veciñal leva anos reclamando investimentos en accesibilidade, este barrio ten unha poboación cun alto índice de envellecemento e problemas de mobilidade pero un ano máis as nosas demandas son ignoradas. Levamos moito tempo reclamando programas de apoio ao pequeno comercio local pois polas características do barrio é fundamental para nós, temos incluso entregado un proxecto para recuperar as antigas galerías comerciais pero seguen caendo en saco roto.

Temos reclamado un plan integral de mobilidade e de mellora do barrio, con actuacións concretas e demandas que veñen de moito tempo atrás, polo que sabemos o 2016 será como os anos anteriores, outro ano no que o barrio da Gaiteira – Os Castros segue no esquecemento das políticas municipais.