Vostede está aquí

Obradoiro do sábado adicado ás maquetas bioclimáticas

Deixámosvos algunhas fotos do Obradoiro do sábado adicado ás maquetas bioclimáticas: cociñando co sol no parque de San Diego, construíndo fornos solares no Centro Cívico e unha mostra final con diferentes tipos.

Día soleado e divertido descubrindo formas sustentables de cociñar, aproveitando unha fonte de enerxía renovable e limpa.  

Con pouco máis que caixas de cartón, aprendemos a construír nosa cociña forno solar onde preparar o que gustemos.

Reducimos a nosa pegada ecolóxica e reutilizamos materiáis.

Seguimos animando á veciñanza a participar de accións sostibles. Continuamos o vindeiro venres coa visita práctica ao Green Campus de Oza e o sábado con máis Obradoiros no Centro Cívico San Diego.  

De balde, agasallos e degustación de productos sostibles.

+Info e inscricións en redeozamedioambiente@gmail.com.

 

Lembrámosvos que son actividades que a AAVV Oza Gaiteria Os Castros leva a cabo dentro do proxecto #nosobarrioconta que o Concello apoia a través das axudas de #CulturaAmbiental.