Vostede está aquí

O documental Bullfight de Iago Prado

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar  no Forum Metropolitano o luns 2 de marzo a partir das 19:30. horas, o documental Bullfight  de Iago Prado sobre as corridas de touros.
 
A entrada para ver o documental é libre ata completar aforo .

Idade recomendable  (+ 18 ) anos , non recomendable para persoas sensibles

 

 

  Bullfight
Bullfight é o título da película documental de Iago Prada, onde sete cámaras de cine e dez micrófonos ultra direccionales seguen en todo momento ao animal, nunha dos 1.356 festejos taurinos que se celebraron o ano pasado en España.
Estas imaxes e sons tan explícitos e inéditos están acompañadas en todo momento dos comentarios do veterinario Enrique Zaldívar (Presidente de AVATMA ? Asociación de Veterinarios Abolicionistas da Tauromaquia e do Maltrato animal), quen narra - sempre desde un punto de vista clínico, científico e obxectivo- todo o que lle ocorre ao touro desde que entra na praza ata que sae arrastrado polas mulas.