Vostede está aquí

O concello vai facer unha área biosaludable e unha pequena zona verde na rua San Diego

A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos manifestar que noso colectivo veciñal tense distinguido dende o seu nacemento non só pola defensa da calidade de vida cotidian do barrio, senón tamén por unha defensa do espazo urbano cidadán. A base do noso traballo é contar coa participación dos veciños na definición dos espazos públicos como espazos de uso cidadán.

No escampado cuberto de malas herbas na rúa San Diego,  O concello da Coruña a petición da da Asociación vai  facer unha área biosaludable  e unha pequena zona verde .