Vostede está aquí

Melloras na Praia de Oza

A asociación veciñal estamos a recibir queixas  sobre o servizo de duchas na praia de Oza  ,un servizo moi demandado polos usuarios da "Praia de Oza" e que hai un ano que nos retirou o concello como é o "Servizo de duchas", moi útil para moitos  deportitas, novos e maiores, que adoitan utilizar esa praia todo o ano para practicar deporte ao aire libre, máis agora co  Covid, mentres o resto de praias da cidade se gozaron dese servizo todo o ano.

Tambien recibimos queixas estado lamentable da zona de deporte da praia, con barras e bancos rotos e vellos, e á demandada por parte dos veciños de máis "Zonas de  Calistenia e  Street  Workout" na devandita praia e parques da nosa área, tal e como se está facendo noutros barrios e concello lindeiros (Culleredo, Sada, etc).

Desde a asociación consideramos   que estas zonas axudan a fomentar o deporte e o  esparcimento ao aire libre, xa que facilitan que os veciños menos podentes ou máis necesitados e que non poden permitirse ir a un ximnasio, ou simplemente non queren porque prefiren o deporte ao aire libre, tamén poidan coidarse e gozar da actividade deportiva.

A Asociación xa presentou unha reclamación no rexistro do concello para que solucionen estas eivas