Vostede está aquí

Mellorar a calidade do aire para aumentar a esperanza de vida da veciñanza

A asociación veciñal cultural deportiva recreativa Oza da Gaiteira Os Castros queremos manifestar que o noso colectivo veciñal tense distinguido dende o seu nacemento  pola defensa do medio ambiente e contra o avance da contaminación que deriva en problemas de saúde ou que inciden directamente no bairro e porén na cidade.

Na loita pola preservación do medio ambiente, a calidade de vida nas cidades vólvese fundamental, xa que é un dos aspectos que máis afectan á poboación. Segundo un informe elaborado por Ecologistas en Acción con datos de 800 estacións medidoras situadas en 127 zonas do estado español, o 97% dos españois respirou gases contaminados en 2017 e o 88% do territorio do estado  estivo exposto a niveis de polución superiores aos recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Ademais, 17 das 50 provincias superaron todos os criterios contaminantes estipulados polas lexislacións europea e española e medio centenar de cidades excedieron os niveis recomendados. Entre elas,  A Coruña .
Fronte a esta situación, non queda outra que empezar a tomar medidas para protexer e preservar a calidade do aire que respiramos a diario. Por iso, é fundamental ofrecer alternativas de movilidad sostenibles, para que haxa un reparto equilibrado na xestión do transporte, así como un uso eficiente dos recursos nas redes de abastecemento e control de residuos.

1ª Calidade do Aire

Para iso, pódese apostar por iniciativas tecnolóxicas, como a monitorización en tempo real do aire presente nas cidades, á vez que se traballa con plans estructurales de neutralizacion de emisións, actuando sobre as fontes de emisión e incrementando os espazos verdes.

2. - Movilidad sostenible

Non só trátase de que os coches non contaminen mentres están en movemento, senón de ter consciencia de que o tempo perdido en atascos de trafico tamén afecta directamente á calidade de vida dos cidadáns, ademais de supoñer unha importante fonte de emisión de partículas e contaminación. Por iso, dispoñer dunha estrutura de transporte eficiente é  fundamental para  a nosa cidade  e  a sua zona de influencia

3. - Uso eficiente de recurso

Deben reducir o seu consumo energético mediante procesos e servizos mais eficientes, así como avanzar cara a unha economía circular baseada na reutilizacion e o reciclaje. Entre as posibles iniciativas, atópanse as practicas de eficiencia energética ou ata os mecanismos de autogeneracion de energías limpas.