Vostede está aquí

Medidas de política municipal

dende  o noso colectivo veciñal deberianse  tomar co apoio de  colectivos sociais, empresas ou familias

Medidas de política municipal, que dende  o noso colectivo veciñal deberianse  tomar co apoio de  colectivos sociais, empresas ou familias:

  • Fomentar a agricultura/horticultura urbana e periurbana ecolóxica mediante campañas, cursos, incentivos diversos, cesión de espazos e apeiros, subvención de sementes, etc. 
  • Impulsar acordos para empréstitos ao concello con cooperativas de crédito e entidades agrupadas na denominada “banca ética”, que reinvisten os beneficios en proxectos locais e sociais.
  • Avanzar na recuperación de servizos municipalizados, revertendo da privatización aqueles que se consideren esenciais cando remate o período do contrato actual.
  • Revisión e auditoría de todos os grandes contratos de suministros, particularmente no eido da electricidade, enerxía e, telecomunicacións. Impulso á licitación con cooperativas enerxéticas para o suministro de equipamentos públicos, e establecemento de inspeccións e controis rutineiros na aplicación das tarifas das multinacionais de servizos.