Vostede está aquí

'Mauthausen, regreso ao campo da morte'

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e Asociación para a Recuperación da Memoria Historica vai proxectar o documentário: 'Mauthausen, regreso ao campo da morte'

No Forum Metropolitano o día 5 de novembro as 19:30. Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.

Ó rematar haberá un encontro e debate co

  • Manuel Torrente, realizador do documental o experto en deportación
  • Eladio Fernández Manso e a familiar de deportados
  • Encarna Díaz e que asistirán tamén outros  familiares.

Sinose do documental:

Trata de un traballo xornalistico onde dous galegos regresan o campo de Mauthausen onde estiveron presos durante a Segunda Gerra Mundial. A través da narración pódese coñecer coa súa propia voz a arrepiante experiencia de estar internado nun campo nazi e sobrevivir.

Os protagonistas do documental son Enrique Doval de Lugo e Joaquin Balboa de Ourense. Viaxamos con eles a Austria no mes de outubro de 1979. Trátase dunha producción dos servizos informativos da Televisión de Galicia con guión e dirección de Manuel López Torrente, imaxes de Alex Adonis, montaxe de Jose Pernas e producción de Xabier Trepat.