Vostede está aquí

Mar de Oza . Futuro da franxa litoral : De San Diego a Ás Xubias

O NOSO BARRIO CONTA: CONVERSAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019 –

Mar de Oza . Futuro da franxa litoral  : De San Diego a Ás Xubias 

Sábado 6 de abril ás 12 horas no Fórum Metropolitano

De cara á celebración, o vindeiro 26 de maio, das eleccións municipais a Asociación de Veciños Oza, Gaiteira, Os Castros convocou aos distintos partidos políticos da cidade á celebración dun Ciclo de Conversas para debater os temas de maior transcendencia de cara ó futuro do barrio.

A proxima  CONVERSA vaise celebrar o vindeiro sábado 6 de abril  ás 12 do mediodía no Fórum Metropolitano e contará coa participación de candidatos/as dos distintos partidos políticos que se presentan na Coruña.

O tema sobre o que debater é . Futuro da franxa litoral  : De San Diego a A´s Xubias A Conversa estará moderada polo membro da AA. VV. e xornalista Pepe Lorenzo.

A outra  conversa prevista celebraranse os día 4 de maio. Nela plantexaremos o debate sobre: Mobilidade e transporte e As drogas no barrio, unha vella e coñecida problemática

Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.