Vostede está aquí

Manifesto pola mellora da calidade de aire no noso barrio

Manifesto pola mellora da calidade aire 

Case 40 colectivos ,entidades  e establecementos veñen de asinar a adhesión ao Manifesto pola mellora da calidade aire que promovemos dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros. O noso colectivo veciñal leva anos loitando pola mellora da calidade do aire  no noso barrio .

Para o noso colectivo veciñal a calidade do aire é fundamental para a nosa vida, a contaminación por partículas, ocasionadas polas descargas de carbón e outros graneis sólidos,afectan moi gravemente á saúde da veciñanza, especialmente das crianzas, das persoas maiores e daquelas que padecen alerxias ou enfermidades respiratorias.

Esiximos que a actividade industrial do porto se faga tomando todas as medidas de prevención que sexan necesarias para non emitir partículas ao aire, esiximos que as administracións se impliquen neste grave problema, que vixíen e actúen para evitar que se inunde o barrio de contaminación cada pouco tempo como acontece agora.

Entre todos e todas estamos a pedirlle ás administracións que se impliquen na defensa da mellora da calidade do aire no noso barrio , recuperando a contorna e poñendo en valor espazos como a praia e o Faro de Oza. Esta zona está ambientalmente moi degradada e precisa actuacións urxentes para mellorar a calidade ambiental da auga, do litoral e do aire.

Dende o noso colectivo veciñal tamén levamos tempo , esiximos que se tomen as medidas necesarias para acabar dunha vez por todas coa contaminación do aire que padece o barrio dos Castros.

 Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos agradecer a implicación nesta cuestión de tódolos colectivos e entidades que están apoiando esta reivindicación, que entregamos no Rexistro de Concello hai uns días.