Vostede está aquí

Manifesto en defensa da praia de Oza

Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vemos que  hai anos as costa de Oza están a sufrir unha forte agresión urbana, industrial e de contaminación ambiental.

A agresión urbana, dende a instalación do Porto Petroleiro, os espazos de descargas de carbón e graneis agresivos e contaminantes sin medidas adecuadas, os varadoiros privados, a zona de reparacións e fóndeos e as de embarcacións de recreo está a rematar co perímetro costeiro natural ,zona de rochas e areais, privatizando os espazos e aloxando a liña de mar dos cidadáns.

A contaminación ambiental esta a emporcallar as augas rematando coas zonas de baño, pesca e marisqueo.

De sempre a nosa asociación veciñal témonos oposto a tales medidas agresivas, polo que supoñen de atentado manifesto á natureza das nosas costas, unha redución dos espazos de lecer cidadáns e un atentado a nosa saúde.

Polo tanto en defensa dos espazos públicos o noso colectivo vecñal facemos unha proposta de DEFENSA DA COSTA DE OZA, e a conservación da mesma para uso cidadán. Esta proposta foi presentada e apoiada polo todolos os grupos muncipais da oposición do Concello da Coruña.