Vostede está aquí

MANIFESTO DO AMIANTO

MANIFESTO

Sendo ésta unha Asociación Veciñal que se caracteriza por demandar dos nosos gobernos e das nosas administracións o benestar, no senso amplo da palabra, da cidadanía da Coruña e comarcas do seu redor, quere MANIFESTAR o seguinte:
Hoxe, despois de case 30 anos de denunciar a degradación do medio ambiente da nosa cidade, derivada da circulación de mercadorías contaminantes polas nosas rúas e mesmo pola descarga de graneis nos peiraos do porto, contaminando todo ó que ao seu paso atopa: rúas, casas, e o máis importante de todo, a SAÚDE dos nosos maiores e pequenos que ateigan os servizos de neumoloxía, pediatría, etc. Xentes que piden que miren por eles e o seu futuro e polo futuro de tódolos que queren a esta cidade polo que foi nun pasado non tan lonxano, unha cidade chea de traballadores, moitos deles chegados de outras vilas e pobos, e que viron nesta o seu sitio, o lugar onde decidiron quedarse e asentar unha familia.
Pois ben, despois destes 30 anos de loita, ábresenos outra fronte de problemas que inciden moi directamente na saúde pública. O inimigo a bater leva moitos máis anos facendo un traballo inverso ao noso, un traballo lento, meticuloso e terrible. Mentres andamos á procura de solucións para os problemas do noso medio ambiente: loita contra descargas de carbón, xofre, sementes de todo tipo, gases, etc,etc; o amianto cólase polas nosas xanelas misturado coa carbonilla ou o xofre, e chega aos nosos pulmóns e acumúlase ahí, un día tras outro até que apenas queda unha solución a este dramático asunto. Este amianto despréndese das vellas planchas de fibrocemento que abundan nos nosos tellados, planchas que tamén se colocaron nos laterais de moitos edificios e que, cumplida a súa utilidade, vaise desfacendo pouco a pouco axudado por moitas causas: a propria climatoloxía, os anos, as gaivotas que tamén fan un traballo de degradación. Pero sobor de todo tamén a iñorancia de todas e todos nós, que non sabemos o que temos enriba das nosas cabezas por que ninguén nolo explicou.
É, polo tanto deber noso, mostrarllo á cidadanía e que ela mesma esixa as medidas de actuación que deben tomar as nosas autoridades, á eliminación por completo destes materiais que agochados en edificios e canalizacións soterrás, campan as súas anchas dende hai moitos anos sin que a población saiba que o inimigo está na casa en forma de “Planchas onduladas de fibrocemento”, mesmo tamén en conducións da auga ou aillamentos eléctricos. Temos que aclarar que falamos de materiais colocados fai 30 ou 40 anos e que non foron substituídos nunca, xa fora prohibida a súa fabricación por normativa europea, pero que sen embargo despois de caducar a súa vida útil seguen instalados degradándose e incorporándose ao noso organismo como xa explicamos antes.

Para vergoña nosa, a normativa europea como xa dixemos, prohibe a sua producción e comercialización pero non dí nada destes materiais que levan tanto tempo instalados, e dos que ninguén avisou que había que substituir. As autoridades miran para outro lado e prefiren non dar explicacións antes de afrontar o gasto público que supón poñer en marcha semellante maquinaria.
Debemos esixir aos nosos gobernos municipais, autónomos e estatais que poñan o máximo empeño en analisar os materiais que se están a empregar nos nosos tellados ou nas conducións de auga, posto que ainda existe moita picaresca co material almaceado, que se fagan avaliacións dos edificios enfermos, que se cree un departamento especial no concello se fai falla coa supervisión e inspección da comunidade autónoma, que se controle ás empresas encargadas das reformas no momento de tratar o escombro-desescombro, posto que xa hai normativa tamén ao respecto (empresas especializadas na eliminación de materiais contaminates) este plano de actuacións non se poden pospoñer para máis tarde, xa é tarde!!! O inimigo lévanos moita ventaxe, de acordo que non é unha tarea fácil, pero deso non temos nós a culpa. En definitiva, esiximos que se afaste radicalmente este veleno das nosas vidas.
Esiximos á calidade de vida á que temos dereito!!!
Esiximos dos nosos gobernantes que respecten e garanticen a nosa saúde!!!
Denunciamos ás políticas de “esconder a merda debaixo da alfombra” e sen embargo pensar en facer Bulevares, ampliar Cantóns até San Diego (plano Busquets), mesmo pedir o recoñecemento do Faro da Torre a nivel mundial, de que vale?, se non miramos polo baluarte máis preciado da nosa cidade que son as nosas xentes, onde queda toda esa publicidade entón?? Señor alcalde NON PODEMOS SEGUIR SENDO CEGOS, MUDOS E XORDOS INE TEMPORE!!!