Vostede está aquí

As máns na Terra

O obxectivo desta actividade é poñer de manifesto a importancia da incorporación da muller ao mundo laboral

O obxectivo desta actividade é poñer de manifesto a importancia da incorporación da muller ao mundo laboral en todos os eidos, mesmo conquistando espazos a priori reservados para os homes. Para esta actividade convidamos a Laura Rey Pasandin que ademais de ser técnica Superior en Integración Social, Educadora Social e lincenciada en Psicopedagoxía acaba de publicar a súa primeira novela: ‘As máns na Terra’ da editorial Toxosoutos. A novela e unha historia de varias vidas contada a través dunha soa voz coa delicadeza, a sinceridade e a orixinalidade que fan desta novela unha homenaxe ao mundo labrego e sobre todo ó mundo das mulleres do rural. Será unha sorte poder contar coa súa presenza e simultanear a actividade coa presentación da súa novela por primeira vez no barrio.

O lugar para esta actividade é a Biblioteca do Forum Metropolitano o 9 de novembro ás 19:30

A actividade forma parte do Proxecto Oza , Oza Mar de mulleres subvencionado por participación e innovación democrática do Concello da Coruña.