Vostede está aquí

Inauguración da exposición “Galiza, un pobo, unha selección” na Normal, 16 novembro, 19h

O martes 16 de novembro, ás 19 h, Inauguración da exposición Galiza, un pobo, unha selección no espazo Normal da Universidade da Coruña (Paseo de Ronda 47)

Plataforma Vía Galega,  máis de 60 colectivos culturais, sociais e deportivos de toda Galiza, está a desenvolver a campaña “Galiza, un pobo, unha selección“.

O obxectivo da campaña é exixir o dereito a que Galiza poida competir profesionalmente e a nivel oficial en todas as disciplinas deportivas, tanto nas seleccións masculinas como femininas. Pretende, para alén disto, contribuír a fortalecer a autoestima e a conciencia nacional mediante o deporte; a potenciar os deportes galegos, a súa historia e a importancia para a nosa cultura; ademais de incidir na galeguización do deporte e de impulsar a igualdade de xénero.

Entre as accións que sustentan a campaña hai unha exposición que percorrerá 35 localidades galegas con 20 paineis sobre a historia do noso deporte e as súas reivindicacións. Unha das primeiras localidades en se expor será A Coruña. Concretamente entre os días 16 e 30 de novembro estará no segundo andar da NORMAL (antiga escola de Maxisterio), equipamento cultural da Universidade da Coruña que se encontra no Paseo de Ronda, 47. A inauguración da exposición será o martes (terza feira), 16 de novembro, ás 19 horas e contaremos coa presenza da vicerreitora de Cultura e Deporte, Cristina López Villar, co comisario da exposición, o xornalista de Nós DiarioHéctor Pena, o Deputado provincial responsable da área de Cultura, Xurxo Couto, e coa portavoz nacional de Via Galega, María Xosé Bravo.

Para te anotares no  correo. : acab@mundo-r.com