Vostede está aquí

Exposición Fotografica Isabel Fernandez

A asociación veciñal organiza unha exposición de Fotografica enmarcada dentro das actividades de dinamización do barrio que está a levar a cabo a asociación.
Dita exposición a cargo Isabel Fernandez  .
A exposición sera no Forum Metropolitano do 4 ao 16 de febreiro.
 
"NAS MARXES  "

Isabel Fernandez é diplomada en imaxe e son e especialista en comunicación e RRPP. Esta exposición xorde do seu traballo realizado no taller de fotografía impartido pola tamén fotógrafa Diana Fajardo.

A mostra, titulada, Nas marxes ofrece unha mirada única sobre a contorna. Fotos de detalle, imaxes con outro encadre. En todas elas aparece como nexo en común a súa asombrosa capacidade para resaltar a beleza nos lugares e as cousas máis correntes. Fernandez é capaz de converter en arte o imperceptible.
Esta é a súa primeira exposición e a oportunidade que estaba buscando para iniciarse no circuíto da arte.

A Asociación, con esta primeira exposición dunha artista novel, busca darlles unha oportunidade aos artistas emerxentes, neste caso, a fotógrafa, tamén vivía "nas marxes" do circuíto expositivo. Agora, grazas á Asociación veciñal Oza Gaiteira-Os  Castros, adquire visibilidad a súa mirada particular.