Vostede está aquí

Exposición de Perfecto Estévez

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e a Asociación cultural Alexandre Bóveda  vai a realizar unha exposición  sobre varias temáticas do artista e veciño de barrio Pefecto Estévez , dentro da campaña "Promoción da cultura no Barrio".

A Exposición farase de 3 de xuño ao 13 de Xuño de 2019 no Forum Metropolitano

Perfecto Antonio Estévez García, nado en Ourense o 27 de xullo de 1955 e falecido o 5 de maio do 2010 na Coruña, foi un pintor, cartelista e escenógrafo galego.

Deseñador da editorial Espiral Maior, de A Nosa Terra. Colaborou con traballos gráficos co Concello da Coruña e coa Universidade, numerosos concellos galegos e tamén con distintas editoriais como Baía Edicións, ou Edicións Xerais de Galicia.

Foi tamén xeneroso colaborador realizando cartelería para un gran número de asociacións culturais.