Vostede está aquí

A ESTRELA QUE SE NOS FOI

Unha necrolóxica máis, unha compañeira menos, e íso doe, como home maior que son, sempre quedo moi afectado cando vexo desaparecer un compañeiro ou compañeira neste estrano camiño polo que nos leva a vida, neste percorrer paseniño quedan colgadas na nosa parede particular os retratos de aquiles que nos van faltando, e son tantos xa...
Hoxe caeu na loita a compañeira Estrela. Pola mañám loitando polos dereitos dos cidadáns e pola tarde, coa chegada da oscuridade, na noite de outono, debaixo dunha saba branca quedou agochado o pequeno corpo da compañeira, agardando pola nosa despedida e para cedernos "os trastos" da loita cidadá, como se a acabaramos de escoitar:"...vóume, que estou cansa, xa fixen o meu traballo, aí vos deixo o camiño por andar..."
O Negro despídese desta camarada, con grande magoa:

"Estreliña do camiño,
dese camiño de estrelas
ven bailar pronto conmigo
cando voen as pardelas..."

Querida compañeira, ti que nos deixache en plena batalla pola ampliación da praia de Oza, pola recuperación do contorno, pola preservación do medio, polo dereito aos espazos de lecer, e en fin, por algo tan nobre como é a dignidade das persoas. Por todo isto, este negro do Montiño, como negro que son e como home digno e libre, e sobor de todo agradecido a ti, pediríalle a quen corresponda que poña o teu nome ao percorrido da praia de Oza, e que se déra a coñecer coma: Paseo da Estrela, que nome tan fermoso, non vos parece, paseo da Estreliña (por grande Estrela)que ven merecido o tes...