Vostede está aquí

ESCRITO A CONCELLALIA DE INFRAESTRUCTURA DO CONCELLO DA CORUÑA

Presidenta da Asociación de Veciños.
“Oza, Gaiteira-Os Castros”.
Margarita Santiago Urbano, en nome da Asociación Veciñal “Oza, Gaiteira-Os Castros”, á cal represento, póñome en contacto con vostede pra solicitarlle a colocación de bancos ao longo da costa da Avenida dos Caídos. Pensamos que o ancho das beirarrúas así o permiten, e sería o repouso diante da ascensión ao que semella ser primeiro porto de montaña, en alusión “ciclista” ao outro do Castrillón.

É algo que a xente maior, rapaces e non tan rapaces, ou os que padecen enfermidades respiratorias veñen demandando dende hai moito tempo.

De calquera xeito e hora xa de poñerse a pensar un pouquiño nestes barrios elevados (Monte Outo, Castrillón...), e de como facerlle a vida un pouco máis sinxela á xente que reside neles. Na cidade de Vitoria que si o fixeron, solventaron a situación con rampas mecánicas. Pensamos que o señor Concelleiro debería de poñerse en contacto co seu homólogo vitorián e estudar a solución mellor, dende logo as xentes que viven na Avda. dos Caídos están un pouco fartos do chiste de que si o nome da rúa venlles dos que caen a rolos dende arriba e o que lles costa voltar á cima.

Saúde.

Na Coruña, a 11 de Agosto de 2009.
Margarita Santiago Urbano.