Vostede está aquí

Entrega dos premios da primeira edición do Safari fotográfico

O dia 22 de decembro  tivemos a entrega dos premios da primeira edición do Safari fotográfico organizado pola Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros. Para principiar agradecemento potente a todos e todas as participantes e parabéns polas vosas fotografías, o xurado tivoo máis que difícil, complexo!

Agradecemento tamén para LP10 e Ferreiro desde 1958, sen elas, a súa xenerosidade, calidade en todos os sentidos e bo facer os premios non serían posibeis! Ninguén ficará sen premio, xa que a Asociación organizará para o ano que ven unha exposición con todas as fotos participantes! Velaquí fotografias de  da entrega dos premios!