Vostede está aquí

Eliminación de barreras arquitectónicas

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros , queremos denunciar unha serie de deficiencias, en materia de mobilidade e accesibilidade para persoa con mobilidade reducida

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros , queremos denunciar unha serie de deficiencias, en materia de mobilidade e accesibilidade para persoa con mobilidade reducida. Tal e como temos denunciado en moitas ocasións, no noso Barrio hai numerosas rúa con barreiras arquitectónicas polo que temos solicitamos ao concello e eliminación de ditas deficiencias e o cumprimento da lei de accesibilidade da comunidade Autónoma de Galiza:

A accesibilidade enténdese, segundo o artigo 3.a. de Lei 8/1997 do 20 de Agosto de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, como "aquelas características do urbanismo, da edificación, do transporte e dos medios e sistemas de comunicación que lle permiten a calquera persoa a súa utilización e desfrute de modo autónomo, con independencia da súa condición física, psíquica ou sensorial".

No noso barrio temos exemplos claros distas barreiras:

  • Na rúa Pintor Villar Chao nos números  10, 12 e 13 onde hai veciños e veciñas con problemas para poder acceder a súa vivenda pois teñen que salvar escaleiras. Na rúa Laureano Mediante as escaleiras que dan a rúa da Merce. Nas Galerías comerciais que van dende a Avenida de Oza a rúa da Merce.
  • Na avenida dos Caídos a pendente e tan elevada que as persoas con mobilidade reducida teñen problemas para acceder a servizos públicos como o Centro de Saúde, a escola infantil ou Correos.

Xa nos temos dirixido ao concello para que instale elementos que permitan salvar estas barreiras, con solucións que se están a habilitar noutros barrios da cidade. Unha vez máis vemos como as persoas do noso barrio somos discriminadas pois non podemos contar con solucións urbanísticas que a outros barrios se lles están a instalar. É por iso que esiximos a eliminación das barreiras que, dende hai moito tempo, estamos a denunciar.