Vostede está aquí

Eivas nos Centros de ensino no noso Barrio

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros  despois de escoitar  a ANPA do IES Monte das Moas  queremos denunciar a situación na que se atopa dito IES, a respecto da entrada da auga dende a cuberta ao interior das instalacións, tendo que colocar baldes pra recollela e facendo caso omiso das demandas que tanto a ANPA coma o colectivo de docentes fai en reiteradas ocasións .

A situación das instalación deste instituto é lamentábel, poñendo en grave risco o alumnado e o profesorado, é totalmente inaceptábel que deixen no total abandono o mantemento dos centros públicos ao tempo que derivan millóns de euros ao ensino privado.

Tamén temos que lembrar o excesivo número de alumnos por aula, tanto neste centro  superando o máximo permitido por lei. Hai aulas con elevado números de  alumnos, o que impide  unha atención máis personalizada  e merma na calidade da enseñanza .

Do mesmo xeito conviría corrixir no resto de centros dependentes desa consellaría de Educación  no noso barrio  que nos consta que outros centros adolecen de deficiencias para as persoas con mobilidade reducida  e a xestión dos comedores sexa con xestión publica por parte da Xunta.

Dende ou noso colectivo veciñal  instamos a Xunta de Galicia  á que á maior brevidade solucionen ou asunto, tendo en conta que a auga percorreu algunha instalación eléctrica e as ademais eivas.  .