Vostede está aquí

ECONOMÍA CIRCULAR - DO RESIDUO AO RECURSO: OBRADOIROS E DEBATES

Convidámosche a participar en obradoiros e debates participativos. 

A idea é crear unha actividade cooperativa coas posibilidades de reducir e converter o lixo nun recurso, na que reflexionar e abordar diferentes cuestións que animen a nosa implicación cara un desenvolvemento sostible e xusto.

Fai pesquisas e/ou aporta ideas de reducción, reciclaxe e reutilización dos residuos que levas a cabo ou que poderías facer. Sumaremos accións sostibles nos obradoiros:

SÁBADOS 11 E 25 DE NOVEMBRO DE 11-13 h E DE 17-19 h Aula 6 Centro Cívico San Diego

Talleres e Microcharlas teórico-prácticas con proxeccións e debate aberto sobre o noso modelo de consumo, producción e xestión de residuo.

SÁBADO 18 DE NOVEMBRO DE 10.30 - 13.30 h E DE 16.30 - 19.30 h Aula 6 Centro Cívico San Diego

Taller sobre fornos e cociñas solares

CAFÉS COLOQUIO CON DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS DE COMERCIO XUSTO E DE PRODUCCIÓN SOSTIBLE

ACTIVIDADES DE BALDE ABERTAS A TODA A CIDADANÍA

ACONSELLAMOS APUNTAROS AS SESIÓNS DE MAÑÁ E TARDE, POSTO QUE TERÁN UNHA CONTINUIDADE 

INSCRIPCIÓN redeozamedioambiente@gmail.com