Vostede está aquí

Deficiencias no barrio

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos denunciar unha serie de deficiencias, que se unen a todas as que temos denunciado con anterioridade, e que fan engordar a lista día tras día, sen que o Concello lle dea solución á maior parte delas. Nesta ocasión estamos a falar de:

  • Maleza e lixo no descampado do antigo corralón da Gaiteira- González  Chas
  • Praza da Cubela calzada en mal estado  altura do paso de cebra
  • Maleza  e ruas  en mal estado de varias  zonas da Merce , Casanova de Eiris, Alicante ,Antonio Ríos.
  • Deficiencias no alumeado da rúa Antonio Ríos e na rua da Mece
  • Deficiencias na limpeza da rúa Jacinto Benavente .
  • Mobiliario da rúa peonil da Gaiteira en mal estado de conservación e papeleras rotas.
  • Automóbil abandonado na rua da Merce  (50-52 ) marca TOYOTA COROLLA de color Gris .
  • Tapaderas das alcantarillas que co tráfico rodado ocasionan ruidos molestos para a veciñanza a altura da Merce  41-43.