Vostede está aquí

Deficiencias na rúa Carballo

A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros volvemos denunciar o estado no que se atopa a rúa Carballo na esquina coa Ronda de Outeiro.

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros  queremos manifestar e denunciar o estado no que se atopa a rúa Carballo na esquina coa Ronda de Outeiro as veciñas e os veciños do barrio volveron poñerse en contacto co noso colectivo para trasladar as queixas sobre o estado no que se mantén esa parte da rúa, sen urbanizar, chea de maleza e con grandes fochancas.

Queremos lembrarlle a este goberno a súa promesa electoral de urbanizar esa parte da rúa, incorporando o terreo onde se ía instalar a gasolineira ao parque de Oza e recuperando o camiño que usou sempre a veciñanza para subir ate a rúa Montes. A Día de hoxe o terreo do que falamos mantense cheo de maleza e de falta de limpeza e mantemento, o que o converte nun foco de infección para o barrio.