Vostede está aquí

Defendemos o noso Barrio

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros solicita participar no Foro Medioambiental da Autoridade Portuaria. Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros levamos moitos anos denunciando a contaminación que padece o barrio e que pon en perigo a saúde dos veciños e veciñas, levamos moitos anos loitando por unha boa calidade do aire.

A veciñanza do barrio mantén a loita contra as descargas a ceo aberto de materias coma o carbón e outros graneis, descargas feitas sen control e que provocan a liberación masiva de particulas no aire que respiramos, levamos moito tempo esixindo un circuito totalmente pechado para esas descargas e que se prohiba amorealas no peirao como acontece a cotío, tamén co carbón.

É moito o tempo que levamos esixindo das adminstracións que cumpran coa súa obriga na defensa da saúde das persoas e do medioambiente.

Cada vez que a Autoridade Portuaria permite a liberación masiva de partículas, envelenando o aire do barrio, debera ser sancionada, mais iso non aconteceu nunca.

Nós seguiremos a defender o noso dereito a ter un aire de calidade en tódolos foros que poidamos, por iso solicitamos formalmente PARTICIPACION DO NOSO COLECTIVO NO FORO MEDIOAMBIENTAL DA AUTORIDARE PORTUARIA, para poder defender, alí tamén, os interereses das veciñas e veciños do barrio.

Como temos feito público hai uns meses, o noso colectivo veciñal deuse se baixa da Federación de AAVV por entender que non estaba a defender os intereses da veciñanza do barrio, un dos motivos para darnos de baixa foi precisamente a actitude que a Federación mantivo nese FORO MEDIOAMBIENTAL, pois as queixas dos veciños e veciñas nunca apareceron nesas reunións.