Vostede está aquí

A COSTA DE OZA - ULTIMO ESPAZO NATURAL

Eis nela un dos anacos de costa da cidade da Coruña que manten a súa conformación natural, testigo do traballo do mar nas rochas e pouso de areas modeladas cos anos. Iso é un patrimonio que pensamos tense que salvagardar, como espacio único a percorrer a pé e de vagariño.

Tamén pensamos que a extensión da praia de OZA pode manter, con acondicionamento necesario e librado dos escombros deitados ao mar, a estructura do antigo asteleiro que pode manter o seu carro como rampa de acceso ao mar; cun respectuoso tratamento pódense manter as diversas plataformas e rampas como solariums , co cal tamen manteriase memoria dun asteleiro que puido ser reconvertido en espazo público. Así recuperaríase a costa aberta , como sempre foi na nosa cidade,conservando os seus usos de sempre, fornecedora de traballo, lecer, riqueza e diversidade natural.