Vostede está aquí

Contaminación no barrio

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros esiximos que se tomen as medidas necesarias para acabar dunha vez por todas coa contaminación do aire que padece o barrio dos Castros.

A calidade do aire é fundamental para a nosa vida, a contaminación por partículas, ocasionadas polas descargas de carbón e outros graneis sólidos,afectan moi gravemente á saúde da veciñanza, especialmente das crianzas, das persoas maiores e daquelas que padecen alerxias ou enfermidades respiratorias.

Esiximos que a actividade industrial do porto se faga tomando todas as medidas de prevención que sexan necesarias para non emitir partículas ao aire, esiximos que as administracións se impliquen neste grave problema, que vixíen e actúen para evitar que se inunde o barrio de contaminación cada pouco tempo como acontece agora.

Solicitamos: mesa permanente de seguimento ca participación da asociación veciñal, ecoloxistas e técnicos externos e internos a Autoridade Portuaria para levar adiante as seguintes medidas:

  • Instalación de calibración e control continuado de medidores por organismos externos a Autoridade Portuaria.
  • Control, seguimento e auditoria continuada dos medidores actuais da .Autoridade Portuaria por un organismo oficial experto e externo a Autoridade Portuaria.
  • Control do impacto real da contaminación no barrio articulando medidas e políticas de control dos efectos ambientais, estéticos e sanitarios sobre os veciños