Vostede está aquí

Concentración Sábado 7 de marzo

Dende o colectivo veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos expresar o noso apoio público á concentración convocada pola Plataforma de ANPAS de Centros de Educación Especial de Galicia o vindeiro sábado 7 de marzo ás 17 horas na Praza do Toural en Compostela.

 

Compartimos completamente as súas demandas para esixir Dignidade para a Discapacidade, para demandar unha educación de calidade ampliando a estancia das mozas e mozos con discapacidade dentro do sistema educativo, e ofrecendo a asistencia necesaria á que teñen dereito unha vez que rematan a súa estancia nos Centros de Educación Especial.

 

Non podemos aceptar a situación actual, onde se pretende obrigar a saír dos Centros de Educación Especial ás mozas e mozos con 20 anos, sen ofrecer ningunha alternativa ao centro escolar para que poidan ter unha asistencia educativa e formativa de calidade, que lles permita avanzar na súa autonomía e formación como persoas e cidadáns de pleno dereito.