Vostede está aquí

CONCENTRACIÓN EMIGRANTES RETORNAD@S

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros mostramos a nosa solidariedade ca plataforma  de emigrantes retornad@s da Coruña

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros mostramos a nosa solidariedade ca plataforma  de emigrantes retornad@s da Coruña, emigrantes galeg@s a quen Facenda  esta dando un trato inxusto e desproporcionado por parte da administración da axencia tributaria.
O noso colectivo quere esixir das administracións un trato correcto con esas persoas e unha solución ao conflito xerado polas propias administracións.  Non podemos esquecer que en moitos casos son as pensións destas persoas as que están tremando da economía familiar dos seus fillos e netos.

Sabemos que hai veciños e veciñas do noso barrio tamén afectados polo que con este  motivo animamos a toda a veciñanza a participar na  CONCENTRACIÓN EMIGRANTES RETORNAD@S que se vai celebrar o:

DÍA: 7 DE MAIO

HORA: ÁS 11 HORAS

LUGAR: DIANTE DA DELEGACIÓN DE FACENDA - A CORUÑA - COMANDANTE FONTANES, 10

Tod@s diante da facenda (axencia tributaria) máis próxima o 7 de maio ás 11,00h.

Ánimo Emigrantes!!