Vostede está aquí

Apertura de nova edición do Curso Básico de Igualdade e Prevención das Violencias Machistas

Dende nos informan que a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña da apertura dunha nova edición do curso básico "Igualdade e prevención das violencias machistas"

Dende nos informan que a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña da apertura dunha nova edición do curso básico "Igualdade e prevención das violencias machistas" do Pacto Social. Este curso, dirixido ás persoas a título individual e ás empresas e entidades adheridas ao Pacto Social, procura sensibilizar sobre a importancia do papel activo que cada persoa pode desenvolver para a erradicación das violencias machistas na súa contorna. O curso básico ten unha duración de 4 horas, é gratuíto e de modalidade online. Ao finalizar o curso entregarase un diploma.​ Para solicitar a túa inscrición debes cubrir o formulario que atoparás na seguinte ligazón: FORMULARIO DE PRE-INSCRICIÓN