Vostede está aquí

Apartado de mobilidade

Asociación Veciñal “Oza” Gaiteira-Os Castros, ante as eivas que ten o noso barrio no apartado de mobilidade instamos ao concello a ter en conta as nosas reinvicacións para solventar ditas eivas, polo que lles facemos un pequeno relatorio das principais a ese respecto:

 

       Precísase un estudo e posterior posta ao día na rede semafórica, , así como revisar os tempos para os peóns xa que nalgunhas zonas non dá tempo a cruzar a rúa como nos casos de Ramón y Cajal e o Miradoiro dos Castros e na rua Rolda de Outeiro a altura da citroen

     A sinalización dos pasos de peóns, moitos deles con escasa visibilidade, ben por falta de luz ou ben por perda da pintura do paso,  e  verificar que esa pintura sexa anticaídas.

 

 A velocidade dos vehículos e a escasa visibilidade, nos pasos de cebra de baixo de viaduto da Avenida do Exercito ocasionan con moita frecuencia situacións de perigo que debemos evitar, buscando unha solución antes que sexa tarde.

 

     Como temos comentado sempre, a cidade debe estar pensada para as persoas e non para os coches. Hai que regular o tráfico de tal xeito que os pasos de peóns non supoñan situacións de perigo para os viandantes e iso esixe controlar e reducir a velocidade dos coches.