Vostede está aquí

Aparcamento na parcela rúa Posse , Avenida Oza

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros  manifesta que dende a nosa asociación xa nos temos dirixido ao Concello en moitas ocasións para demandar máis espazos públicos que poidan ser usados pola veciñanza.

Temos solicitado que se adecúen espazos baleiros ou cheos de maleza e lixo, que se incrementen os espazos verdes e de lecer para mellorar a calidade de vida dos veciñas o veciñas. 

No noso barrio hai moitas parcelas en estado de abandono, que crean problemas de salubridade e de seguridade. As administracións teñen a obriga de controlar estas parcelas e garantir que cumpren a lexislación en tódolos seus termos.

Nesta ocasión estamos a falar da parcela sita na rúa Posse donde propoñemos facer un aparcamento publico que subsanaría as poucas prazas de aparcamento nunha rúa comercial coma a rúa Posse .