Vostede está aquí

Ante Aquel Silencio mudo Rosalia de Castros e Espantallo Amigo

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar no Forum Metropolitano o día 8 de maio  as 19:30 o documental: Ante Aquel Silencio mudo e  Espantallo Amigo  

Producido pola ASPG

 Ante Aquel Silencio mudo :

Curtametraxe sobre Rosalía de Castro na que, fronte á idea máis xeral e convencional da nosa poeta nacional, se descubre agora unha Rosalía comprometida, rebelde e, como aparece no vídeo, conscientemente galega.

Espantallo Amigo :

Esta é a historia dun espantallo que en vez de espantar os melros, faise amigo dos animais e dos rapaces.

Poñente : Xoán Costas  presidente da ASPG