Vostede está aquí

Actividades da Asociación 2009-2010

INFORMÁTICA
Os cursos impártense os luns e venres de 19:30 a 20:30 horas.
Tratan sobre unha iniciación o mundo da informática, procesador de textos,
internet, etc…

GUITARRA
Curso de iniciación e perfeccionamento de guitarra, que se imparte os martes en dous grupos diferenciados, os pequenos de 19:00 a 20:00 horas, e o grupo de adultos de 20:00 a 21:00 horas.
BORDADO

Actividade na que se da Punto de Cruz, Vainicas, Patchwork (tela sobreposta)…
Nesta actividade existen dúas posibilidades:
- Mañáns dos mércores e venres de 10:00 a 11:30 horas.
- Tardes dos martes de 17:30 a 19:30 horas

IOGA

Cursos de relaxación que se imparten os luns e mércores de 20:30 a 21:30 horas.
MANUALIDADES

Actividades con pintura, cerámica rusa, cuadros, etc, impartidas os xoves en dous grupos: o primeiro de 16:30 a 18:30 horas e o segundo de 18:30 a 20:30 horas.

ÓLEO
Clases de pintura ó óleo os luns de 17:30 a 19:30 h

PANDEIRETA
Curso de iniciación para adultos, os xoves de 21:00 horas a 22:00 horas.

SEVILLANAS
Curso para nenos e adultos, os días luns e venres, en distintos horarios do serán.

*