Vostede está aquí

Actividades 2019 -2020

Como temos feito en anos anteriores, unha vez pasado o verán, poñemos a andar toda unha serie de actividades dirixidas aos veciños e veciñas do barrio.

Mantemos actividades que levamos desenvolvendo xa bastantes anos e comezamos algunhas novas esperando que teñan boa aceptación entre a veciñanza.

Deste xeito, entre este mes de setembro e o de outubro comezamos con: Labores, ioga, pandeireta, gaita, tamboril, cantares de taberna, baile galego , acordeón e violín. Tamen vamos a impartir inglés, cun grupos de iniciación de conversa, Zumba,  e coiro.

Calquera persoa interesada en participar dalgunha destas actividades pode informarse no email: ozagaiteiraoscastros2@gmail..com e na paxina web:http://www.redeoza.org/actividades