Vostede está aquí

4 Abril, 2011 - 20:56

Seguimos a reivindicar o Concello de Oza co escaso patrimonio que lle queda, que nos queda. No noso intento de que non tiren a que foi unha das casas do Concello, que está na rúa Montes ao pé do novo parque de Oza, dentro da campaña por esa recuperación presentámosvos unhas chapas que estarán en breves na nosa Asociación pra dispor de todas e todos vós, por 1€ simbólico teredes chapa co logo elaborado por un artista do barrio e que representa ao faro na que foi praia de Lazareto, á veira do sanatorio de Oza, apurade que xa hai demanda,por que media cidade da Coruña se considera habitante aínda do vello Concello de Oza, se cadra somos capaces entre todos e todas de revivilo, que asi sexa...

saúde,

O Negro do Montiño